MENÚ

Coñece a campaña COMERCIO LUGO DIXITAL

A campaña "Comercio Lugo Dixital" é unha iniciativa da Federación de Asociacións de Comercio da Confederación Provincial de Empresarios de Lugo -en diante Federación de Comercio de Lugo- coa colaboración da DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO, e as asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos da provincia de Lugo.

A campaña tivo lugar entre o 6 de decembro de 2019 e o 6 de xaneiro de 2020 e nela poideron participar todos os clientes do comercio de proximidade da provincia de Lugo que mercaron nesas datas. Entre eles sorteáronse 10.000 euros en premios, distribuidos en 20 tarxetas prepago regalo de 300 euros e 20 tarxetas de 200 euros, que deberán ser empregados para volver a mercar nos establecementos tradicionais da provincia de Lugo ata o 30 de xuño do 2020. O sorteo realizouse ante notario o 9 de xaneiro de 2020.

Para participar na campaña, proporcionamos 2 maneiras diferentes:

  • Rexistrar a túa compra nesta mesma páxina web www.comerciolugodixital.com
  • Coa colaboración do comerciante, sendo él o que rexistrase a túa compra a través da páxina web www.comerciolugodixital.com/comercios. Deste xeito, tú como consumidor obterías unha participación a maiores para o sorteo.

* En ámbolos dous casos, ti como cliente debías fotografiar e/ou gardar o teu ticket de compra como xustificante da mesma.

Os gañadores dos premios foron contactados pola Federación de Comercio de Lugo para informarlles do premio obtido e cándo sería entregado. Así mesmo, os gañadores do sorteo publicáronse nesta mesma páxina web unha vez finalizada a campaña.

Podes consultar calquera dúbida ao respecto no teléfono gratuito 900 103 087 ou a través do correo electrónico comerciolugodixital@comerciogalicia.es.